IniciosociedadeAumenta a presión asistencial por Covid-19 na Mariña, con seis novos ingresados...

Aumenta a presión asistencial por Covid-19 na Mariña, con seis novos ingresados para un total de 19

Mantense a elevada incidencia do virus na parte occidental, con 271 positivos nos últimos 14 días en Viveiro, 111 en Xove, 22 en Cervo e 20 no Vicedo; Burela acumula 47 contaxios nese período

Publicada o

- Advertisement -

A área sanitaria de LugoBurelaMonforte rexistra este luns 18 de xaneiro un total de 1.146 casos activos de coronavirus, 48 máis ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 82 novos positivos a través de PCR, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos 1.146 contaxiados, 50 permanecen ingresados (sete máis). O Hospital da Mariña atende 19 pacientes con Covid-19, seis máis ca onte; o HULA coida doutros 19 doentes infectados, entre eles os sete da área sanitaria que requiren de vixilancia intensiva; o centro hospitalario de Monforte ten seis casos.

No histórico da provincia documéntanse 152 falecidos, 7.054 altas e 8.357 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 141.309 PCR.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro acumula 271 positivos novos nos últimos 14 días e Xove 111. Burela está por debaixo dos 50 casos (47) detectados nas últimas dúas semanas, O Vicedo acumula 20, por 22 Cervo e 18 Ribadeo. O resto dos concellos da comarca teñen menos de dez contaxios nese mesmo prazo, sendo Trabada e Lourenzá os únicos libres de Covid-19.

Consulta a situación a nivel galego nesta ligazón do Galicia Confidencial.

RESIDENCIAS

MAIORES

30 Residencia da Pastoriza e apartamentos

3 Residencia de Maiores de Burela

8 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

4 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

12 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

23 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Burela

2 Domusvi Chantada

1 Residencia de Foz

1 Residencia Albertia Lugo

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Meu Fogar de Taboada

1 Residencia de Trabada

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...