O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunicou a última hora da tarde deste luns dúas novas mortes de usuarios da residencia San Bartolomeu de Xove. Trátase dunha muller de 83 anos, que faleceu o pasado día 15 de xaneiro, e dun home de 87 anos, que fora trasladado á residencia integrada Cegadi de Santiago de Compostela e que morreu o pasado 17 de xaneiro.
Ademais, o Sergas informou doutras 22 mortes nos últimos días en Galicia, para 1.536 desde o inicio da pandemia. Son as seguintes:
Un home de 87 anos no CHUS, que faleceu o día 18.
Un home de 79 anos no CHUF o día 17.
Un home de 61 anos no CHUS o día 17.
Unha muller de 92 anos no CHUAC o día 18.
Unha muller de 57 anos no CHOP o día 18.
Un home de 84 anos na residencia de maiores de Ribeira o día 17.
Un home de 83 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17. Procedía da residencia de maiores de Ribeira.
Un home de 82 anos no CHUVI día 17.
Un home de 86 anos no CHUAC día 16.
Un home de 66 anos no CHUVI o día 17. Procedía da residencia Paz e Ben de Tui.
Unha muller de 94 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo o día 16.
Unha muller de 74 anos no CHUS o día 17.
Unha muller de 91 anos na Residencia de Maiores Santa María de Verín o día 17.
Un home de 63 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo o día 15.
Unha muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo o día 14. Procedía da residencia Moledo de Vigo.
Un home de 88 anos no CHUF o día 15.
Unha muller de 92 anos na residencia Santa Teresa de Jornet na Coruña o día 17.
Unha muller de 84 anos no CHUF o día 18.
Un home de 87 anos no CHUAC o día 17.
Unha muller de 90 anos na residencia DomusVI de Vimianzo o día 17.
Un home de 81 anos na residencia Santa Teresa de Jornet na Coruña o día 18.
Unha muller de 91 anos no CHUF o día 17.
Todos eles, agás a muller falecida no CHOP, tiñan patoloxías previas, concreta o Sergas.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.