- Advertisement -
A Xunta de Galicia ordenou o peche completo da hostalaría e a suspensión de actividades non esenciais en tres municipios: Arteixo, Viveiro e Xinzo, concellos de máis de 10.000 habitantes que preocupan aos expertos de forma especial porque presentan unha incidencia por encima dos 1.000 casos por 100.000 habitantes a 14 días.
Así o explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que compareceu en rolda de prensa para informar as decisións tomadas este luns no seo do comité clínico de expertos que asesora á Xunta en materia de coronavirus.
Viveiro ten, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este martes, 267 positivos nos últimos 14 días.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.