IniciosociedadeO goberno de Ribadeo levará a pleno un orzamento con 1,5 millóns...

O goberno de Ribadeo levará a pleno un orzamento con 1,5 millóns en investimentos, “un 87% máis”

O goberno local explica que se eximirán as taxas por terrazas, aumentarase o fondo para familias con necesidades e crearase unha axuda específica para a xestión do Hospital Asilo

Publicada o

- Advertisement -

O orzamento municipal do Concello de Ribadeo para 2021 ascende a máis de 9.800.000 euros, o que supón un incremento do 8,25% con respecto ao de 2020. O concelleiro de Economía, o nacionalista Pablo Vizoso, destacou que no presuposto, que se someterá a aprobación no vindeiro pleno, establécese a exención das taxas pola ocupación de terrazas como unha das medidas de apoio á hostalería, auméntase o fondo para familias con necesidades e créase unha axuda específica para a xestión do Hospital Asilo. O capítulo de inverstimentos supera o 1.500.000 euros, financiado na grande maioría por fondos propios e da Deputación de Lugo.

AFIRMA QUE “NON SUBIRÁN” OS IMPOSTOS E TAXAS “DE COMPETENCIA MUNICIPAL”

O edil ribadense dixo que “imos levar ao próximo pleno os orzamentos para o exercicio 2021, que se incrementan ata os 9.849.823 euros, é dicir máis de 750.000 euros con respecto ao ano anterior, o que supón un 8,25 % máis, e sen que se vexan incrementados os impostos e taxas que son competencia municipal”.

Vizoso subliñou que “estes orzamentos caracterízanse por manter o nivel elevado de actuacións e servizos nas diferentes áreas que ven realizando o Concello de Ribadeo. Recollen o incremento salarial do 0,9% establecido polo Estado para o persoal, aínda que non se aplicará aos órganos de goberno que se conxelarán. Establecen a exención das taxas pola ocupación de terrazas para todo o exercicio, como unha das medidas de apoio á hostalaría. E mantéñense as axudas para o tecido asociativo, coma nos exercicios anteriores, para destinar a asociacións deportivas, culturais e clubs”, afondou.

O concelleiro de Economía explicou que “se incrementa notablemente o capitulo de inveestimentos que supera o 1.500.000 euros, un 87% máis, e que é financiado na gran maioría fondos propios do Concello e procedentes da Deputación de Lugo”.

O ARRANXO DA ESTRADA DA ESTACIÓN OU DA PRAZA DE ABASTOS, OBRAS ESTRELA

Así, “recollen partidas para actuacións que consideramos de vital importancia para Ribadeo como é o caso da estrada da Estación de Feve e diversas actuacións noutras rúas. Tamén se contemplan partidas importantes para o plan de camiños de titularidade municipal, saneamentos, adquisición de terreos, a reposición de tramos da rede de abastecemento de auga, de instalacións deportivas, de locais socias para as parroquias, o arranxo da praza de abastos e para melloras de eficiencia enerxética en alumeados públicos. Este forte incremento enmárcase no proceso de reactivación económica tocando diferentes áreas”, afondou.

Vizoso indicou que “no ámbito social auméntase o fondo para familias con necesidades e crease unha axuda específica para a xestión do Hospital Asilo. E séguese mantendo a débeda do Concello nun niveis baixos na procura dunha xestión eficiente e do equilibrio orzamentario”, salientou.

O edil nacionalista engadiu que “ademais de todas estas medidas e accións contempladas, os orzamentos vanse ver reforzados sobre todo no apoio ao comercio e a hostalaría e tamén no ámbito social coas achegas do Plan Único provincial da Deputación de Lugo, que xa está en marcha, e coas achegas que poidan proceder das xestións do Concello con outras Administracións”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...