IniciosociedadeSubministrada a segunda dose da vacina na residencia de Ribadeo

Subministrada a segunda dose da vacina na residencia de Ribadeo

En total, puxéronse 70 vacinas no xeriátrico, a 43 residentes e 27 traballadores

Publicada o

- Advertisement -

Usuarios e usuarias do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo recibiron hoxe a segunda dose da vacina contra o covid-19. En total, puxéronse 70 vacinas na residencia -a 43 residentes e 27 traballadores- coas que se completa o período de vacinación desta residencia provincial.

Así o informou a Deputación de Lugo a través dun comunicado. Os residentes foron vacinados durante a mañá deste xoves ao igual que o persoal desta instalación. A primeira dose da vacina fóralles subministrada o pasado 31 de decembro.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “estamos moi satisfeitos de ter podido completar este ciclo de vacinación na residencia de Ribadeo. Oxalá pronto poidamos facer o mesmo no Hospital Asilo. Iso será cando todos os doentes que padecen o virus estean curados e o gromo estea totalmente erradicado. Agardamos que xa non quede moito para chegar a ese momento”, xulgou.

Está previsto que o sábado reciba a segunda dose da vacina a comunidade da residencia provincial de Pol. Nos vindeiros días tamén será a quenda dos usuarios e traballadores dos centros de Trabada, Castroverde e A Fonsagrada, segundo estipulen as autoridades sanitarias

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...