IniciosociedadeFalece unha usuaria do Asilo de Ribadeo de 92 anos pendente do...

Falece unha usuaria do Asilo de Ribadeo de 92 anos pendente do resultado da proba de Covid-19

O último cribado realizado no xeriátrico deixou seis positivos, aos que hai que sumar outras dúas persoas contaxiadas ingresadas no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, concretou que o pasado mércores faleceu una usuaria do Hospital Asilo de Ribadeo que aínda non dera negativo nas probas de inmunidade ao coronavirus. Tiña 92 anos de idade e presentaba patoloxías previas, de acordo co rexedor ribadense. O último cribado realizado no xeriátrico deixou resultados positivos, pois o número de positivos descende a seis, aos que hai que sumar outros dous ingresados no Hospital da Mariña.

O rexedor ribadense dixo que “seguindo a estela das últimas notas de prensa emitidas, debemos falar dunha situación agridoce na situación do Hospital Asilo, aínda que a medida que o tempo vai pasando o número de casos, no seu conxunto, seguen a baixar”.

Suárez Barcia confirmou que “actualmente xa non quedan usuarios desprazados ao Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) pois as dúas persoas que quedaban alí, das 19 que chegou a haber, xa retornaron a Ribadeo”.

O alcalde comentou esta tarde que “os responsables sanitarios do Hospital da Mariña indícannos que o cribado feito hai dous días deu como resultado que os casos activos entre usuarios e persoal ascenden a seis persoas. Tamén nos din que actualmente hai dúas persoas que permanecen no centro hospitalario de Burela por mor do covid-19. Polo tanto, no momento de facer esta nota de prensa temos un total de oito persoas positivas en coronavirus. Sendo esta unha cifra importante, o certo é que xa queda moi lonxe das 26 que chegou a haber no momento de maior incidencia deste gromo”, valorou.

SUÁREZ BARCIA ALERTA ANTE “O INCREMENTO CONTINUADO” DOS CASOS FÓRA DO XERIÁTRICO

Sobre a situación global que se vive en Ribadeo o alcalde sinalou que “segundo os datos que vén de publicar a Consellaría de Sanidade no día de hoxe, Ribadeo aparece con 24 casos nos últimos 14 días. Estamos observando xa que logo, un descenso de casos neste gromo no Hospital Asilo ao tempo que un incremento paseniño e continuado dos contaxios no conxunto do Concello, polo que queremos insistir novamente na obrigada concienciación nas actuacións individuais e colectivas, como persoas e como sociedade, para cumprir a diario as recomendacións e as obrigas que as autoridades sanitarias nos indican. De todos nós dependerá que a cifra siga a subir nas vindeiras horas”, rematou.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...