A Xunta de Galicia decidiu este luns trala reunión do comité clínico que asesora ao Goberno autonómico na xestión da crise sanitaria do coronavirus, pechar perimetralmente todos os municipios da comunidade, limitar as relacións sociais ás persoas conviventes e suspender toda actividade non esencial, o que implica a clausura de todos os locais de hostelería, entre outros.
Así o anunciou en rolda de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. As medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas do 27 de xaneiro e permanecerán durante “polo menos tres semanas”, concretou. O comercio esencial queda autorizado e o non esencial deberá pechar ás 18.00 horas.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.