IniciosociedadeQue considera a Xunta "comercio non esencial"? Resumo das novas restricións para...

Que considera a Xunta “comercio non esencial”? Resumo das novas restricións para conter a pandemia

Pechan concellos e hostalería, a práctica do deporte será de xeito individual e con máscara e limítase horario para as tendas que non sexan supermercados, farmacias ou talleres

Publicada o

- Advertisement -
Malia que a normativa definitiva será publicada nas próximas horas no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta anunciou algunhas das medidas que decretará a partir das 00.00 horas do vindeiro mércores, 27 de xaneiro, para conter o coronavirus, cunha vixencia mínima de “tres semanas”. Segundo expuxo o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, as medidas serán as seguintes.

AS REUNIÓNS, SÓ DE CONVIVENTES

As interaccións sociais estarán limitadas a conviventes, agás nas actividades xustificadas. Así mesmo, a mobilidade reducirase ao propio concello, agás para ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un docente. O toque de queda mantense nas 22.00 horas.

As actividades esenciais permitidas (con condicionantes) son a sanidade, a educación, o coidado a menores ou maiores, o traballo e o comercio. Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidados.

As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro e de 8 a 17 de febreiro serán en liña. Por agora, a nivel educativo non trascenderon outras medidas, como o peche das escolas infantíscolexios e institutos

SUPERMERCADOS, FARMACIAS E TALLERES, COMERCIO “ESENCIAL”

No tocante ao comercio, establécense dous horarios.

Que entende a Xunta por comercio esencial? Supermercados, farmacias ou talleres de vehículos. Pecharán como moi tarde ás 21.30 horas.

O restante comercio, considerado non esencial, permanecerá aberto ata as 18.00 horas, e os centros comerciais só deberán pechar a fin de semana.

A HOSTALERÍA, SÓ PARA RECOLLER OU ENTREGAR A DOMICILIO

A hostalería pechará sen poder utilizar o servizo de terraza, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais.

SEN PÚBLICO NAS COMPETICIÓNS ESTATAIS

O deporte ficará restrinxido a práctica individual ao aire libre, no propio concello e con máscara, co peche dos ximnasios. Cancélanse as competicións deportivas autonómicas e os adestramentos destes equipos -unicamente poderán continuar as estatais e internacionais- e elimínase o aforamento nas competicións nas que estaba permitido. Deste xeito, os encontros do Pescados Rubén Burela FS e FSF serán sen público.

SUSPENSIÓN DOS EVENTOS SOCIAIS E CULTURAIS

Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos; péchanse museos, bibliotecas e teatros. Tamén permanecerán pechados os clubs de xubilados, os centros de día e os fogares de maiores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...