IniciosociedadeO Sergas ve "por agora garantida" a capacidade asistencial na área, pero...

O Sergas ve “por agora garantida” a capacidade asistencial na área, pero alerta do ritmo “sostido” dos ingresos

Este martes hai 58 ingresados en planta, 33 no HULA, 16 no Hospital da Mariña e nove en Monforte; 15 pacientes requiren coidados intensivos en Lugo e outro en Burela

Publicada o

- Advertisement -

O director asistencial área sanitaria Lugo, A Mariña e Monforte, Rafael Monte Secades, expuxo que o ritmo dos ingresos na provincia de Lugo como consecuencia do aumento dos casos de Covid-19 “non está a comprometer” polo de agora “a capacidade de hospitalización nin de UCI”, pero “está a aumentar de forma sostida” e “preocupante”.

“A presión asistencial na área sanitaria está a aumentar de forma sostida nos últimos días e reflicte o incremento da incidencia comprobado nas últimas semanas. Isto afecta aos tres distritos; A Mariña, HULA e Monforte”, explicou Monte Secades.

O dirixente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) concretou que no HULA hai este martes “33 ingresados en planta, en Burela 16 e en Monforte nove. Temos 16 pacientes en Uci, 15 no HULA e un na Mariña. Por agora o aumento dos casos hospitalizados diarios ocorre a un ritmo que non está comprometendo a nosa capacidade nin de hospitalización nin de Uci, ambas están por agora garantidas, pero o ritmo ao que isto se está a producir é máis elevado ca en novembro e a situación é preocupante”, matizou.

No tocante ás medidas restritivas iniciadas na área sanitaria hai dez días, co peche de concellos como Burela, O Vicedo ou Cervo, que se sumaron a Viveiro ou Xove na Mariña, “parece que comezan a facer efecto no relativo ao número de casos novos”, indicou. No que atinxe ás novas restricións que entrarán en vigor o mércores, que afectarán a toda Galicia, afirmou que “esperamos que as adoptadas desde a noite de hoxe limiten o número de contactos e de contaxios”.

CRIBADOS

Sobre os cribados masivos do Vicedo e Vilalba, Montes expuxo que no segundo “a taxa de positivos foi do 1%, que están na liña dos resultados obtidos noutras poboacións galegas”, mentres que no primeiro “a porcentaxe foi do 2,3%”.

“Á luz dos resultados faremos o estudo epidemiolóxico destes casos para tentar contar as cadeas de transmisión que poidesen avanzar, dado que estas persoas son asintomáticas e é importante cortar a cadea canto antes”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...