IniciosociedadeO TSXG ratifica a nulidade do despedimento dunha traballadora da residencia de...

O TSXG ratifica a nulidade do despedimento dunha traballadora da residencia de Cervo

O sindicato SAE agarda que Mensajeros de la Paz "cambie a súa xestión dos recursos humanos" tras un fallo que "demostra" o "acoso" sufrido pola profesional "por reivindicar dereitos laborais"

Publicada o

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras admitir recurso de suplicación interposto por Mensajeros de la Paz contra a sentenza do Xulgado do Social nº 2 de Lugo que declaraba o despedimento nulo da técnico en coidados de enfermería (TCE), desestima a apelación e confirma o fallo.

A sentenza, segundo concreta o Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE) nun comunicado, decretaba a readmisión da mesma co aboamento dos salarios de tramitación e condenaba á empresa a pagar unha indemnización por importe de 6.000 euros en concepto de danos morais que solicitaba a central.

SAE agarda que a dirección da residencia “modifique definitivamente” a súa “forma de proceder e xestionar os recursos humanos” tras unha sentenza que “demostra a situación de acoso que sufriu esta profesional por reivindicar dereitos laborais e o seu dereito a ser representante sindical, e que derivou nun despedimento disciplinario con feitos incertos para xustificar o inxustificable”.

DENUNCIA ANTE TRABALLO

O sindicato lembra que interpuxo recentemente unha denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo “polas serias deficiencias observadas nesta residencia en canto á caótica organización das quendas de traballo que se cambian constantemente e cun prazo de aviso aos traballadores extremadamente curto”. Ademais, “obrígase” aos empregados “a gozar dos días de libranza en festivos ou ter que compensar cunha xornada libre un festivo que se traballou, en lugar de percibir a contía correspondente”.

“Tampouco poden gozar dos permisos e licenzas contemplados no Convenio de Residencias da Terceira idade de Galicia e hai traballadores pendentes da concesión das súas vacacións. Outra irregularidade é que, malia que o convenio establece que a empresa debe elaborar e colgar no taboleiro de anuncios a carteleira anual coa xornada de traballo para que os empregados teñan coñecemento da mesma, nesta residencia non se fixo tal comunicación da xornada”, lamenta SAE, que sostén que “estas son só algunhas das condicións que están a sufrir os operarios e que están afectando moi negativamente o seu benestar sufrindo problemas de ansiedade, estrés e outros asociados do ámbito psicosocial“.

SAE expón que malia a denuncia e “as reiteradas queixas” ante a dirección, “non se obtivo solución nin resposta” por parte de Mensajeros de la Paz. “Continúa esta lamentable forma de proceder tanto na xestión como nas condicións estrictamente laborais nas que estes traballadores están desempeñando as súas funcións, que supoñen serias deficiencias en canto á xestión da Lei de Prevención de Riscos, dado o incumprimento da normativa no que respecta á xestión de residuos Covid-19, utilización de luvas apropiadas ou almacenamento dos EPIs por citar algúns exemplos”, remata o sindicato, á espera de que a Inspección “poña en marcha as investigacións necesarias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...