O Concello de Foz organiza ao longo deste mes de novembro unha nova edición do ciclo de charlas médicas. As conferencias celebraranse os días 8, 15 e 22.
As exposicións abordarán temas como o cancro de mama, a nutrición saudable ou o bo uso dos medicamentos.
DÍA 8
A psicooncóloga Carmen Rubiños, da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na Mariña Lucense, ofrecerá a primeira das conferencias. Será o día 8 ás 20.00 horas, na casa da cultura, como o resto das charlas.
Rubiños mostrará como se debe afrontar a mala nova da doenza e como se pode xestionar para levar mellor a enfermidade. Colabora na charla a Asociación contra o Cancro de Foz.
DÍA 15
O día 15 será a quenda de Juan Latorre, nutricionista que se adica á investigación e que colabora co Hospital Público da Mariña.
Latorre ofrecerá consellos sobre como previr enfermidades a partir da nosa nutrición.
DÍA 22
Ana Cachafeiro, facultativa de Farmacia do hospital, pechará o ciclo o día 22 cunha exposición sobre o botiquín e o auconsumo farmacéutico.
A profesional explicará que medicamentos se deben ter na casa e previrá contra o uso indebido dos fármacos.
PRESENTACIÓN
O alcalde de Foz, Javier Castiñeira; a xerente do hospital, María José Cortes; a directora médica do centro, Eva López; e Ramón Couto, responsable da asociación local contra o cancro, asistiron á presentación do programa.