IniciosociedadeO cancro de mama ou a nutrición, temas do ciclo de charlas...

O cancro de mama ou a nutrición, temas do ciclo de charlas médicas de Foz

O Concello organiza as conferencias, que se celebrarán os días 8, 15 e 22 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz organiza ao longo deste mes de novembro unha nova edición do ciclo de charlas médicas. As conferencias celebraranse os días 8, 15 e 22.

As exposicións abordarán temas como o cancro de mama, a nutrición saudable ou o bo uso dos medicamentos.

DÍA 8

A psicooncóloga Carmen Rubiños, da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na Mariña Lucense, ofrecerá a primeira das conferencias. Será o día 8 ás 20.00 horas, na casa da cultura, como o resto das charlas.

Rubiños mostrará como se debe afrontar a mala nova da doenza e como se pode xestionar para levar mellor a enfermidade. Colabora na charla a Asociación contra o Cancro de Foz.

DÍA 15

O día 15 será a quenda de Juan Latorre, nutricionista que se adica á investigación e que colabora co Hospital Público da Mariña.

Latorre ofrecerá consellos sobre como previr enfermidades a partir da nosa nutrición.

DÍA 22

Ana Cachafeiro, facultativa de Farmacia do hospital, pechará o ciclo o día 22 cunha exposición sobre o botiquín e o auconsumo farmacéutico.

A profesional explicará que medicamentos se deben ter na casa e previrá contra o uso indebido dos fármacos.

PRESENTACIÓN

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira; a xerente do hospital, María José Cortes; a directora médica do centro, Eva López; e Ramón Couto, responsable da asociación local contra o cancro, asistiron á presentación do programa.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do...

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde,...

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...