O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 1.954, 156 máis ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). De acordo coa mesma fonte, desde o último cómputo documentáronse 184 positivos novos por PCR.
Dos 1.954 contaxiados, 73 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende 18 pacientes con Covid-19, un deles na Uci; o HULA coida de 43 positivos, 14 deles que requiren coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte ten once contaxiados, todos en planta.
No histórico da provincia documéntanse 162 defuncións, 7.556 altas e 9.680 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse un total de 152.684 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 1.493 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica, en Viveiro frea a caída dos casos documentados nos últimos 14 días; son 214, por 213 comunicados onte. En Xove localizáronse, nese mesmo período, 75 positivos (-2).
En Burela confirmáronse 45 contaxios (-6) nas últimas dúas semanas, no Vicedo 34 (-1), en Cervo 22 (sen variacións), en Ribadeo 25 (+1), e Foz dez (-2) e en Riotorto 14 (sen variacións). Os restantes municipios da Mariña teñen entre un e dez positivos, sendo Alfoz o único libre de Covid-19.
RESIDENCIAS
MAIORES
12 Residencia da Pastoriza e apartamentos
1 Residencia de Maiores de Burela
1 Residencia DomusVi Monforte
2 Residencia O Incio
5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
50 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)
10 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
23 Residencia da Pastoriza
1 Residencia de Maiores Burela
3 Domusvi Chantada
1 As Gándaras (Lugo)
1 Domusvi Monforte
1 Residencia de Monforte de Lemos
1 Residencia O Incio
3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
4 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria
1 Residencia de Trabada
2 Residencia Domusvi Viveiro
10 Residencia San Bartolomeu (Xove)