IniciosociedadeA borrasca Justine, que se fará notar na fin de semana, activa...

A borrasca Justine, que se fará notar na fin de semana, activa hoxe e mañá a alerta amarela por ventos na Mariña

Para o venres e "probablemente" o sábado agárdase a maior intensidade da cicloxénese explosiva, con aire, choivas e temporal costeiro

Publicada o

- Advertisement -

A borrasca Justine, convertida en cicloxénese explosiva, entrará en Galicia a última hora do próximo xoves, aínda que os efectos máis importantes produciranse, segundo indicou Meteogalicia, o venres e “probablemente” o sábado.

Serán unhas xornadas nas que se esperan intensas choivas e fortes refachos de vento. Os primeiros efectos da formación de Justine deixaranse sentir xa este mércores na zona da Mariña, en Lugo, en alerta amarela a partir das 18.00 horas por refachos de ventos superiores aos 80 km/h.

Un aviso que se manterá para o xoves na comarca lucense, e que se ampliará, a partir das 09.00 horas por ventos do suroeste de forza 7 na Costa da Morte e a costa noroeste da Coruña. Con todo, segundo indicou o meteorólogo Juan Taboada, o groso da borrasca tocará Galicia o venres e durante as primeiras horas do sábado.

“Aínda que se trata dunha borrasca relativamente pequena, denomínase explosiva pola rapidez coa que se moverá, o que dificulta prognosticar, tanto a súa traxectoria exacta, como os seus efectos”, explicou Taboada.

“A alerta mantense amarela, de momento, pero é posible que, nos próximos días con previsións máis precisas, cambie a laranxa“, indicou Meteogalicia que, ademais dos fortes ventos e choivas que prevén para o venres, estiman “un probable temporal de ondas” para o sábado, ao abandonar a cicloxénese explosiva a comunidade.

De momento, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), mantén para o venres a alerta amarela en toda Galicia por fortes ventos, con refachos de ata 80 km/h, e na provincia da Coruña. A iso súmase un aviso da mesma intensidade no mar, con ventos do sur ou suroeste de forza 7.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...