IniciosociedadeViveiro rexistra ventos de 146 quilómetros por hora, por 117 de Burela...

Viveiro rexistra ventos de 146 quilómetros por hora, por 117 de Burela e 114 da Pontenova

A alerta laranxa permanecerá activa na comarca ata as primeiras horas da tarde do mércores

Publicada o

- Advertisement -

A estación de Penedo do Galo, en Viveiro, rexistrou o refacho de vento máis forte que se produciu en Galicia na tarde deste martes, na que todo o litoral galego está en alerta laranxa por temporal.

Penedo do Galo rexistrou refachos de 145,9 quilómetros por hora. En Cedeira, os ventos superaron os 132 quilómetros por hora.

Burela, que rozou os 117 quilómetros por hora, e A Pontenova, onde se rexistraron 114, tamén estiveron entre as localidades galegas que padeceron ventos máis fortes.

No tocante ás chuvias, o martes deixou precipitacións que rozaron -e superaron nalgún caso- os 100 litros por metro cadrado.

INCIDENCIAS

No tocante ás incidencias, o concello de Barreiros rexistrou nove entre as 9.00 as 18.00 horas, segundo os datos do 112. O municipio de Foz, tres.

Na Ponte dos Santos, pola que circula a autovía A-8, o remolque dun vehículo envorcou polo vento e obrigou a cortar a circulación, sen que houbese feridos.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova atendeu tres ocupacións de vía a causa de árbores que caeron á estrada, aínda que sen consecuencias graves.

Os bombeiros de Barreiros tiveron que arranxar unha tubaxe que se desprendeu dun edificio da avenida de Asturias en Ribadeo.

ALERTA LARANXA

A alerta laranxa permanecerá activa na Mariña ata primeira hora da tarde do mércores.

A Consellería de Educación suspendeu as actividades ao aire libre nos colexios do litoral galego ante o prognóstico de fortes chuvias e ventos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...