IniciosociedadeDetido un lucense de 37 anos por roubar en Ribadeo 600 quilos...

Detido un lucense de 37 anos por roubar en Ribadeo 600 quilos de baterías usadas

Dous ribadenses de 34 e 35 anos son investigados tras furtar unha estufa nun supermercado

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous veciños de Ribadeo de 35 e 34 anos de idade como supostos autores dun delito de furto.

Os feitos tiveron lugar cando supostamente os presuntos autores subtraeron do interior dun establecemento comercial unha estufa, a cal non aboaron ao pasar pola liña de caixas do supermercado. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial, segundo anunciou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.

Por outra banda, na mesma nota, a Garda Civil concreta que detivo a un veciño de Lugo, de 37 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas.

Os feitos teñen lugar o pasado día 17 no anexo dun establecemento situado no termo municipal de Ribadeo, onde o presunto autor, tras forzar o candado dun enreixado metálico, accedeu ao interior do recinto, e subtraeu uns 600 quilogramos de baterías usadas. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...