IniciosociedadeAlivio da situación epidemiolóxica en Viveiro, con 180 casos en 14 días,...

Alivio da situación epidemiolóxica en Viveiro, con 180 casos en 14 días, e Xove, con 41

O Hospital da Mariña atende trece pacientes con Covid-19, un deles en coidados intensivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 1.978, 24 máis ca os comunicados onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización confirmáronse 130 positivos novos por PCR.

Dos 1.978 contaxiados, 72 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende trece pacientes con Covid-19, un deles na Uci; o HULA 47, dos que 13 requiren de coidados intensivos; e o centro hospitalario de Monforte dez, todos en planta.

No histórico da provincia documéntanse 163 defuncións, a máis recente a dunha usuaria da residencia da Pastoriza, 7.665 altas e 9.814 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 154.202 PCR, o que implica que desde a anterior actualización de datos efectuáronse 1.518 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, alíviase significativamente en Viveiro, onde se documentan 180 positivos nos últimos 14 días, 34 menos que os comunicados onte. En Xove confirmáronse 41 casos no mesmo prazo, polos 75 (-34) do reconto do pasado mércores.

No Vicedo localizáronse 33 contaxios nas últimas dúas semanas (-1); en Cervo, 19 (-3); en Burela, 40 (-5); en Foz, doce (+2); en Ribadeo, 27 (+2) e en Riotorto 13 (-1). O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove casos nese mesmo período, sendo Alfoz o único libre de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...