IniciosociedadeO xuízo polo urbanismo de Barreiros segue o mércores coa declaración da...

O xuízo polo urbanismo de Barreiros segue o mércores coa declaración da secretaria municipal

Entre as case vinte testemuñas citadas pola Fiscalía e Adega tamén hai técnicos da Aplu

Publicada o

- Advertisement -

O xuízo contra o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, cinco edís e a arquitecta municipal por prevaricación urbanística continuará este mércores no Xulgado do Penal número 2 de Lugo.

Trala declaración dos acusados, que se celebrou o pasado luns, será a quenda das testemuñas da acusación.

A Fiscalía e máis a organización ecoloxista Adega, que exerce como acusación particular, citaron a arredor dunha vintena de testemuñas.

Unha delas será a secretaria municipal de Barreiros no 2006, María Antonia Martínez Barcia.

TESTEMUÑA CHAVE

A súa declaración presúmese chave, posto que a estratexia da defensa baseouse en culpar á técnica da concesión de licenzas supostamente irregulares.

O rexedor barreirense e os demais acusados aseguraron que asinaban os permisos porque “se fiaban” dos “informes favorables ” que emitía a secretaria, dos que, afirmaron, “descoñecían” o contido.

Entre as testemuñas da acusación tamén están varios técnicos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu).

CATRO DÍAS

O xuízo seguirá o vindeiro xoves, coas testemuñas da defensa. Finalmente, o día 14 presentarase os informes periciais e probas e quedará visto para sentenza.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...