IniciosociedadeA incidencia da Covid-19 baixa en 91 casos nunha semana en Viveiro,...

A incidencia da Covid-19 baixa en 91 casos nunha semana en Viveiro, que conta 166 contaxios

En Xove mantense a cifra de 41 contaxios, mentres que en Burela localízanse 35, 17 menos nun prazo de sete días; o Hospital atende 13 pacientes infectados, un deles na Uci

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo superou nas últimas horas a barreira dos 2.000. Son 2.009, 31 máis ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas localizáronse 114 positivos novos por PCR.

Dos 2.009 contaxiados, 72 permanecen ingresados (sen variacións). O Hospital da Mariña atende trece pacientes con Covid-19, un deles na Uci; o HULA 47, dos que 15 requiren de coidados intensivos; e o centro hospitalario de Monforte once, todos en planta.

No histórico da provincia documéntanse 168 falecementos, entre eles tres nas últimas horas na Mariña Lucense, 7.752 altas e 9.937 contaxios acumulados. Fixéronse 155.706 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse un total de 1.504 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, continúa a melloría en Viveiro, con 166 casos novos nos últimos 14 días (14 menos ca os comunicados onte e 91 menos ca os comunicados hai unha semana). En Xove mantense a cifra de 41 contaxios documentados nese mesmo prazo.

LIXEIRO AUMENTO NO VICEDO, QUE ALCANZA OS 35 POSITIVOS

No Vicedo hai un lixeiro aumento, son 35 positivos novos nas dúas últimas semanas (+2); en Cervo, 17 (-2); en Burela, 35 (-5); en Foz, dez (-2); en Ribadeo, 21 (-6) e en Riotorto 12 (-1). . O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove casos nese mesmo período, sendo Alfoz o único libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

10 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia DomusVi Monforte

4 Residencia O Incio

2 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

57 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

10 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

23 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Maiores Burela

3 Domusvi Chantada

2 As Gándaras (Lugo)

1 Domusvi Monforte

1 Residencia de Monforte de Lemos

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

5 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia de Trabada

2 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...