Piden precaución por unha cicloxénese que deixará este sábado ondas de ata nove metros na Mariña

A alerta vermella por temporal costeiro activarase desde a mañá ata a medianoite do domingo

Faro do Cargadeiro na ría de Ribadeo. EFE/ELISEO TRIGO

EFE. A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Xunta activou para mañá a alerta vermella no litoral noroeste e oeste da Coruña e na Mariña de Lugo, por temporal costeiro.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase un fenómeno adverso por mar combinada con ondas entre 8 e 9 metros e vento do oeste de forza 8, que dará comezo a media mañá deste sábado.

No resto do litoral galego, actívase unha alerta laranxa por mar combinada con olas de 5 a 7 metros. Na comarca da Mariña, o máximo nivel de aviso polo temporal activarase sobre as 10.00 horas, e permanecerá activo ata a medianoite do domingo.

A Xunta recorda nas zonas afectadas a importancia de manterse afastados da liña de costa, de diques, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de evitar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

A Dirección Xeral de Urxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia, informou desta situación aos Concellos das provincias afectadas; diputaciones, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here