As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 1.752 tras informar o Sergas de 34 novos falecementos con COVID-19 que se rexistraron desde o pasado 27 de xaneiro. Todos eles presentaban patoloxías previas. Na provincia de Lugo rexistráronse dous mortos nos últimos dous días, unha muller de 67 anos na residencia San Lázaro e San Sebastián de Ribadeo falecida este xoves e unha muller de 92 anos no HULA este venres.
O pasado 1 de abril o departamento autonómico informou de 36 mortes, tamén correspondentes a varios días tras corroborar que se trataban de casos con covid, a cifra máis elevada de toda a crise sanitaria. Así, e segundo os novos datos do Sergas, o día 27 de xaneiro faleceu unha muller de 90 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e outra de 93 que se atopaba na Paz e Ben de Tui. Doutra banda, o xoves 28, faleceron dous homes de 63 e 80 anos, respectivamente, e tres mulleres de 88, 90 e 78 anos en Complexo Hospitalario de Vigo; dous homes de 79 e 90 anos e catro mulleres, de 72, 87, 83 e 89 anos, no Chuac; dúas mulleres de 88 89 anos no Complexo Hospitalario de Santiago, esta última da residencia de maiores de Ribeira; un home de 98 anos no Hospital Comarcal de Verín e que procedía da residencia Santa María.
A SEGUNDA CIFRA MÁIS ALTA NA PANDEMIA
Esta cifra é a segunda máis alta comunicada en toda a pandemia na Comunidade galega. En concreto, o día 3 de abril Sanidade informou de 27 falecementos, un dato que se igualou esta mesma semana con 27 casos comunicados este luns e superado este mércores, cando transcenderon 29 novas vítimas, e posteriormente este xoves (con 30).O pasado 1 de abril o departamento autonómico informou de 36 mortes, tamén correspondentes a varios días tras corroborar que se trataban de casos con covid, a cifra máis elevada de toda a crise sanitaria. Así, e segundo os novos datos do Sergas, o día 27 de xaneiro faleceu unha muller de 90 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e outra de 93 que se atopaba na Paz e Ben de Tui. Doutra banda, o xoves 28, faleceron dous homes de 63 e 80 anos, respectivamente, e tres mulleres de 88, 90 e 78 anos en Complexo Hospitalario de Vigo; dous homes de 79 e 90 anos e catro mulleres, de 72, 87, 83 e 89 anos, no Chuac; dúas mulleres de 88 89 anos no Complexo Hospitalario de Santiago, esta última da residencia de maiores de Ribeira; un home de 98 anos no Hospital Comarcal de Verín e que procedía da residencia Santa María.