IniciosociedadeMorre outra muller no Asilo de Ribadeo por Covid

Morre outra muller no Asilo de Ribadeo por Covid

Tiña 89 anos e faleceu no Hospital da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Nove falecidos comunicados este sábado polas autoridades sanitarias en Galicia elevan a 1.761 o total de vítimas da COVID-19 desde o inicio da pandemia, entre eles, unha usuaria do Asilo de Ribadeo.

Unha das vítimas deles, en concreto unha muller de 89 anos que faleceu no Hospital da Mariña, procedía do Asilo de Ribadeo. Así mesmo, informouse dun home de 79 anos que se atopaba ingresado na residencia Quercus de Leiro.

O resto de casos rexistráronse no mesmo centro sanitario, o Complexo Hospitalario da Coruña. Trátase de cinco homes de 77, 79, 86, 83 e 84 anos, e de dúas mulleres de 91 e 96 anos, respectivamente.

Todos os falecementos rexistráronse este venres e foron validados este sábado polo Sergas e todos os casos presentaban patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...