IniciosociedadeSoben os casos no conxunto de Galicia, pero baixan en Lugo

Soben os casos no conxunto de Galicia, pero baixan en Lugo

No conxunto da provincia baixa a presión hospitalaria que se mantén moi alta no conxunto de Galicia, especialmente, na provincia da Coruña.

Publicada o

- Advertisement -

O goteo de pacientes con covid-19 hospitalizados non cesa en Galicia, que suma outros 50 ingresados máis noutra xornada cos contaxios detectados por enriba dos 1.300 (1.225 por PCR), a taxa de positividade roldando o 10% e os casos activos marcando novo teito da pandemia, tal e como informa o Sergas con información solicitada ata as 18,00 horas do día anterior (neste caso, o 30 de xaneiro de 2021).

Deste xeito, a presión sobre os hospitais galegos mantense en aumento cunha xornada na que subiu a 1.362 o número total de pacientes ingresados, 50 máis que 24 horas antes. Tamén se incrementan as persoas que requiren coidados intensivos, que son xa 232, catro máis que o día anterior.

Todo iso nunha xornada na que os contaxios detectados situáronse de novo por enriba dos 1.300. Foron, en concreto, 1.331 as persoas diagnosticadas con covid-19 por calquera tipo de proba, das cales, 1.185 deron positivo (-74) nunha das 12.580 probas PCR practidas durante o día (1.310 test menos que 24 horas antes).  Así mesmo, o total de casos activos volve elevar a marca da pandemia cos 22.608 deste domingo, catro veces máis dos que había na despedida do ano 2020 hai un mes.

Lugo mantense como a área con menos pacientes hospitalizados e é a única onde baixaron nas últimas 24: son 73 (-5), 19 en UCI (-2). Tamén baixaron o número de novos contaxios en 55 persoas con respecto a 24 horas ante. Forn 124 contaxiados novos. Con todo segue alta taxa de positividade, un 6,5%, por enriba do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e da que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos, como se produce diariamente desde hai máis de dúas semanas, o dato da xornada, 22.608, supón nova marca da pandemia, aínda que se aprecia unha desaceleración no ritmo de crecemento diario, que chegou a ser dun milleiro hai unha semana e este domingo queda por baixo da centena (+97). Neste sentido, Lugo conta con 2.129 casos activos (+8).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...