IniciosociedadeLourenzá acollerá un curso de adestramento de cans de pastoreo

Lourenzá acollerá un curso de adestramento de cans de pastoreo

A Deputación impulsa o obradoiro, que conta con 20 prazas para os días 10 e 11 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

Lourenzá acollerá a vindeira fin de semana un curso de adestramento de cans de pastoreo que promove a Deputación de Lugo.

O obradoiro, no que xa participaron máis de 400 gandeiros galegos en anteriores convocatorias, oferta 20 prazas, dez para o sábado 10 de novembro e outras dez para o domingo.

O taller inclúe formación teórica e práctica sobre técnicas de adestramento para labores de pastoreo de rebaños con cans de raza border collie, ou calquera outra que se axeite a estas tarefas.

ALEJANDRO IBARRA, O PROFESOR

Encargarase do obradoiro o monitor Alejandro Ibarra Artús, de gran experiencia na modificación da conducta dos cans e que colabora con sindicatos agrarios de toda a península.

O docente ofrecerá unha formación individualizada, en función dos coñecementos dos animais.

INSCRICIÓN

O obradoiro desenvolverase en xornadas matinais e de tarde, de 9.30 a 10.30 horas e de 15.00 horas a 19.00. Anotan no teléfono 627.473.504, cun custo por praza de 50 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...