IniciosociedadeReforma integral do campo de Malates, coa mellora do céspede, do sistema...

Reforma integral do campo de Malates, coa mellora do céspede, do sistema de drenaxe e dos vestiarios

A área de Deportes da Deputación de Lugo investirá preto de 46.000 euros nas obras

Publicada o

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará a reforma do campo de fútbol de Malates, en Foz. A área de Deportes investirá preto de 46.000 euros nas obras, que mellorarán as condicións de uso destas instalacións que empregan habitualmente máis de 300 deportistas.

As actuacións previstas consisten no arranxo do céspede artificial, na substitución das canalizacións do sistema de drenaxe que rodean o terreo de xogo e na reparación da cuberta, das varandas e das escaleiras de acceso á grada. Tamén se farán diferentes obras de carpintería, albanelería, fontanería e pintura para mellorar os vestiarios. Ademais, reconstruirase con bloque unha parte do muro perimetral do recinto, que fora derrubado por un temporal e arranxado provisionalmente cunhas chapas metálicas.

A concelleira de Deportes, Gema Méndez, explicou que “se trata dunha actuación moi necesaria para o desenvolvemento do deporte en Foz xa que as instalacións viñan arrastrando problemas desde fai tempo. Co arranxo do terreo de xogo veranse solucionadas moitas das demandas dos usuarios, posto que as roturas no céspede artificial provocaban moitas queixas, igual que os vestiarios, moi deteriorados polo paso do tempo e o uso xa que non se reformaron desde que se construíu o campo”, expuxo.

A concelleira focense detallou que “as instalacións acollen habitualmente adestramentos e competicións de deportistas do CD Foz, do AD Santiago de Foz ou do Club Atletismo Ría de Foz, de diferentes categorías, e tamén dos equipos de veteranos de CD Foz e Rapadoira Llas. Ao longo do ano albergan ademais distintos eventos e celebracións deportivas, desde campus estivais ata actividades organizadas polo centros educativos”, precisou.

150.000 EUROS EN AXUDAS A CLUBS DA MARIÑA

O deputado de Deportes, Efrén Castro, explicou que “as actuacións previstas mellorarán notablemente as condicíóns dunhas instalacións fundamentais para os clubs e deportistas de Foz” e remarcou “os investimentos en infraestuturas complementan o apio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, sobre todo a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas”. Nese sentido lembrou que “estas axudas chegaron a máis de 50 clubs da Mariña que recibiron un total de 150.000 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...