O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 2.135, cinco máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Deste a anterior actualización documentáronse 64 positivos novos por PCR.
Dos 2.135 contaxiados, 92 permanecen ingresados (cinco máis). O Hospital da Mariña ten doce pacientes con Covid-19, dous deles en coidados intensivos (sen variacións), por 63 o HULA -entre eles 20 na Uci-, dous máis, e 16 -tres máis- o centro hospitalario de Monforte.
No histórico da provincia documéntanse 172 defuncións, 8.101 altas e 10.415 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 160.818 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse 1.025 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro confirmáronse 123 positivos nos últimos 14 días (once menos), mentres que en Xove diagnosticáronse 32 casos de Covid-19 (sen variacións) e no Vicedo 31 (-1).
En Burela, nese mesmo prazo, detectáronse 43 contaxios (-3); en Cervo, 15 (-2); en Foz, once (-2); en Ribadeo, 26 (-2); en Riotorto, once (sen variacións). Nos restantes concellos da Mariña localízanse entre un e nove casos nas últimas dúas semanas, incluído Alfoz, ata onte o único municipio mariñao libre de Covid-19.
RESIDENCIAS
MAIORES
5 Residencia da Pastoriza e apartamentos
1 Residencia DomusVi Monforte
4 Residencia O Incio
3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
74 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)
6 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
14 Residencia da Pastoriza
1 Residencia de Maiores Burela
3 Domusvi Chantada
2 As Gándaras (Lugo)
1 Domusvi Monforte
1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria
2 Residencia Domusvi Viveiro
11 Residencia San Bartolomeu (Xove)