IniciosociedadeReincorpórase "con secuelas" da Covid-19 a alcaldesa de Barreiros, confinada desde mediados...

Reincorpórase “con secuelas” da Covid-19 a alcaldesa de Barreiros, confinada desde mediados de xaneiro

"Paseino con síntomas leves e, en cambio, agora noto dificultades á hora de camiñar e cústame respirar", expón a rexedora barreirense, que celebra a volta á actividade presencial

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, incorporouse este martes “presencialmente” ao seu traballo no consistorio tras recuperarse da covid-19, aínda que recoñece que aínda ten “secuelas“.

“Por fin imos recuperando a vida normal, aos poucos e logo de tanto tempo imos volvendo á vida e volvendo estar presencialmente no Concello”, celebrou.

A rexedora permaneceu confinada desde o 13 de xaneiro, tras manter contacto cun positivo e, posteriormente, desenvolver a enfermidade.

Ermida recoñeceu que ten “secuelas” e confesou que é “algo” que lle chama “a atención”. “Paseino máis ou menos ben con síntomas leves e, en cambio, agora noto dificultades á hora de camiñar e de facer calquera tipo de actividade mínima e cústame respirar. Ao falar ata noto certa fatiga“, advertiu.

De feito, esgrimiu que non foi consciente de estar pasando unha enfermidade respiratoria mentres que era positivo en covid-19, mentres que agora si padece “certas secuelas respiratorias“. “Hai que coidarse, aínda que nos pareza leve e pouca cousa este virus é serio”, resolveu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...