IniciosociedadeO servizo de tarde do centro de saúde de Burela, reducido a...

O servizo de tarde do centro de saúde de Burela, reducido a dous días á semana por falta de médico

Trala baixa dun facultativo no horario de mañá, reforzouse a quenda matinal a costa da vespertina; a Xunta fala dunha situación temporal que atribúe á "escaseza de substitutos"

Publicada o

- Advertisement -

Algo máis dun ano despois de anunciarse o novo servizo nunha rolda de prensa, o centro de saúde de Burela conta nestes momentos cun equipo de quenda de tarde minguado, que só ofrece consultas dous días á semana ao non contar cun médico a tempo completo para o cupo de pacientes que escolleron esta modalidade.

O centro de saúde de Burela conta cun servizo de mañá de 8.00 a 15.00 horas, ao que no pasado mes de febreiro se incorporou un equipomédico, enfermeiro e persoal de servizos xerais (PSX)– que cubriu a quenda de tarde, de luns a venres ata as 21.00 horas. Deste xeito pretendíase favorecer a compatibilización de cuestións laborais ou a conciliación familiar.

Logo de que un dos dous facultativos do horario matinal precisase a baixa, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) cubriu a súa ausencia coa persoa que atendía na quenda vespertina. Deste xeito, mentres non se contrate un especialista en medicina de familia, polas tardes só se ofrecen consultas dous días á semana. Usuarios do cupo de tarde queixáronse de que non foron informados sobre esta situación, lamentando a perda de días de citas e tamén a falta de continuidade no tocante ao profesional que os atende.

Preguntadas ao respecto, fontes do Sergas aseguran que o servizo “seguirá igual“, atribuíndo esta situación “á dificultade de atopar substitutos pola escaseza de profesionais”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...