IniciosociedadeViveiro baixa a 103 positivos, 164 menos que os rexistrados hai 15...

Viveiro baixa a 103 positivos, 164 menos que os rexistrados hai 15 días

A presión asistencial redúcese no Hospital da Mariña, con sete pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 2.023, 82 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 73 positivos novos por PCR.

Dos 2.023 contaxiados, 91 permanecen ingresados, 27 en coidados intensivos. A presión asistencial redúcese no Hospital da Mariña, con sete pacientes con Covid-19, dous deles na unidade de críticos (tres menos); o HULA atende 63 (tres máis), 25 deles na Uci; o centro hospitalario de Monforte coida de 21 (un máis; o Polusa queda libre de doentes con coronavirus).

No histórico da provincia documéntanse 178 falecementos, 8.474 altas e 10.681 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 164.911 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 1.437 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, continúa a mingua dos casos en Viveiro, con 103 en 14 días (seis menos). En Xove, igualmente, continúa o descenso, con 18 contaxios nese mesmo prazo (por 22 comunicados onte). No Vicedo confirmáronse un total de 23 infeccións (-1); en Cervo, 12 (sen variacións); en Burela, 30 (-5); en Foz, 11 (+1); en Ribadeo, 23 (-2); Riotorto sitúase por debaixo dos dez positivos, ao igual que o resto dos concellos mariñaos, sendo Barreiros o único libre de Covid-19.

Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.

RESIDENCIAS

MAIORES

3 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia O Incio

2 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

45 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

9 Residencia da Pastoriza

3 Domusvi Chantada

3 As Gándaras (Lugo)

1 Domusvi Monforte

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

2 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...