IniciosociedadeMondoñedo contará cun crematorio no cemiterio municipal

Mondoñedo contará cun crematorio no cemiterio municipal

O Concello adxudica a Funerarias Unidas Costa Lucense durante 25 anos a sala de autopsias da necrópole, inutilizada, para a instalación dun forno incinerador

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo adxudicou a Funerarias Unidas Costa Lucense nun proceso aberto a concesión demanial da sala de autopsias do cemiterio municipal para a instalación e explotación dun crematorio. A proposta foi aprobada por unanimidade na sesión plenaria deste venres.

O goberno local explica que “o artigo 26 do regulamento de policía sanitaria mortuoria  establece como instalacións mínimas dos novos cemiterios a existencia dun forno incinerador” do que ata agora carecía o cemiterio municipal mindoniense. Polo tanto, “atendendo á dispoñibilidade do local que, ata o momento, se atopa sen uso; así coma á súa aptitude urbanística e integración no propio cemiterio municipal, estimamos conveniente abrir a posibilidade de que a iniciativa privada utilice este local para prestar o servizo aos veciños” que, a día de hoxe, tiñan que desprazarse a outros municipios para acceder a este servizo.

A concesión foi outorgada por unha duración de 25 anos ante a necesidade de armonizar os prazos de amortización contable do investimento coa vantaxe que implican prazos curtos de concesión para avaliar o desenvolvemento actualmente imprevisible desta tecnoloxía.

Trala súa aprobación no pleno da corporación, iniciarase expediente de licitación. Así mesmo, dende o goberno local avanzan que “a sala de autopsias será adecentada”.

CANON ANUAL DE 1.200 EUROS E UN 10% DE DESCONTO NOS SERVIZOS PARA A POBOACIÓN LOCAL

O Concello de Mondoñedo fixa un canon mínimo anual de 1.200 euros atendendo, por unha banda, á superficie e características do local de 41 metros cadrados e, por outra, á conveniencia municipal de complementar os servizos existentes.

Entre os deberes da empresa concesionaria atópanse o de aboar o canon anual ao Concello; subministrar, instalar e manter os medios e instalación; contratar e aboar os subministros necesarios para a prestación do servizo; así coma manter o espazo e o seu entorno en perfectas condicións de seguridade, salubridade e ornato; ademais de cumprir coa normativa vixente.

A concesionaria deberá establecer unha bonificación aos veciños empadroadas no termo municipal de Mondoñedo do 10% sobre o prezo establecido para os servizos ofertados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...