IniciosociedadeDoce conferencias suplirán a décimo cuarta edición do Campionato Internacional de Baristas

Doce conferencias suplirán a décimo cuarta edición do Campionato Internacional de Baristas

Celebraranse os días 10, 11 e 12 de febreiro, emitidas por Webex en aberto, e nelas participarán algúns antigos alumnos do IES de Foz

Publicada o

- Advertisement -

Debido á actual situación de pandemia, o IES de Foz vese obrigado a adiar o que sería o XIV Campionato Internacional de Baristas, que se viña celebrando todos os anos. Coa fin de facer algo simbólico, dende a organización do evento decidiron facer unha serie de videoconferencias orientadas a escolas de hostalería os días 10, 11 e 12 de febreiro, entre as 09.00 e as 12.10 horas.

Estas actividades serán emitidas por Webex en aberto e tamén se gravarán para que aqueles que non poidan conectarse nese horario poidan visualizalas máis tarde. O alumnado do centro asistirá ás charlas dende as súas aulas, sempre mantendo os protocolos Covid-19.

A dirección do IES de Foz destaca que “o evento contará cun total de doce relatores, que a través de charlas relacionadas co café achegarán un pouco máis ó alumnado a este mundo barista. Entre eles contamos con antigos alumnos do centro e tamén doutros centros de hostalería de Galicia, como Willy Gómez, Diego López ou Sofía Prieto”, expón a organización.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...