IniciosociedadeO BNG de Viveiro propón ofrecer bonos de 40 euros á veciñanza...

O BNG de Viveiro propón ofrecer bonos de 40 euros á veciñanza para gastar no comercio local

Os nacionalistas reclaman utilizar o remanente das axudas ás pemes do pasado exercicio para alcanzar case 630.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro propón reactivar a economía municipal a partir de ofrecer bonos de 40 euros a cada veciño empadroado no municipio, a condición de que sexan para uso exclusivo nas empresas viveirenses e nas actividades culturais no concello. Deste xeito, apunta a concelleira, Míriam Bermúdez, “non só estariamos a beneficiar ás autónomas e autónomos, senón que con esta medida impulsaríase todo o tecido económico, xa sexa consumidor, vendedor, produtor, distribuidor. Unha medida que non contaría cos estrictos requisitos nen as longas esperas do pasado plan, unha inxección instantánea tendo en conta a situación de urxencia”, concluíu.

O grupo nacionalista viveirense amósase crítico co plan de reactivación económica pactado para 2020, posto que “quedaron sen axudas moitas empresas viveirenses por mor duns requisitos, redactados polo propio goberno local, excesivamente estrictos, tanto foi así que apenas se chegou a gastar o 54% do total das axudas, tendo que sumarlle tamén a tardanza de case 8 meses para recibilas”.

A proposta do BNG para os orzamentos 2021 é “clara e para nada excesiva”, apunta Bermúdez. “Se vemos que dos anunciados 400.000€ do pasado plan de reactivación económica apenas se chegou a dar o 54%, o que son uns 215.000 euros segundo anunciou o tenente de alcaldesa, quedou un remanente de 185.000 euros. Polo que se o goberno municipal quere apostar este ano tamén pola cifra dos 400.000 e xunto cos 185.000 de remanente, estaríamos a falar duns 585.000 euros, cifra que se aproxima ao total necesario para ofrecer bonos de 40 euros se contamos que Viveiro ten uns 15.700 habitantes. Un total en axudas de 628.000 euros sempre e cando se utilizasen todos os bonos, algo moi pouco probable e por iso desde o BNG solicitamos aproximar a partida orzamentaria a esta cifra”, argumenta.

PLAN DE PAGOS MUNICIPAL

Por outra banda, Bermúdez incide tamén na “necesidade de crear un plan de pagos personalizado municipal, estabelecendo unha reducción do 3% na cota íntegra dos impostos municipais, podéndose adherir de xeito voluntario as veciñas e veciños que así o desexaran. Un plan de pagos individualizado que lles facilitaría ás familias e empresas o pago dos seus impostos municipais, onde ademais da reducción do 3%, poderían elexir a forma de pago que máis lles conveña, ben sexa mensual, bimestral, trimestral ou semestral”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...