IniciosociedadeUsuarios e traballadores do Asilo de Ribadeo recibirán a vacina tras darse...

Usuarios e traballadores do Asilo de Ribadeo recibirán a vacina tras darse por concluído o gromo

Tralas últimas PCR realizadas non queda ningún positivo do abrocho que causou varias mortes de residentes; en Xove quedan dous maiores e nove operarios infectados

Publicada o

- Advertisement -

Usuarios e traballadores do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo, serán vacinados contra o covid-19 esta semana, tras darse por superado o gromo que se rexistraba o pasado mes de decembro e que causou varias mortes de usuario. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, subliñou que non hai ningún positivo no centro.

O rexedor contou que “logo de sete semanas desde que se produciran os primeiros contaxios de covid-19 hoxe temos que dicir, con toda prudencia, e segundo as informacións facilitadas polos responsables do Hospital da Costa, que os últimos tres usuarios afectados por coronavirus xa superaron a enfermidade e xa non están en réxime de illamento. Polo tanto, e despois de ter recibido onte os resultados da última PCR feita no Hospital Asilo, non hai ningún novo positivo e xa non queda ninguén afectado por esta pandemia”, afirmou.

Suárez Barcia dixo que “ao mesmo tempo, tamén se nos indica, que ao longo desta semana seralles aplicada a vacina a todos os usuarios e traballadores do centro, con independencia de se xa o tiveran pasado ou non”.

O alcalde manifestou: “queremos indicar, unha vez máis, como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos protocolos e plans de continxencia por parte da dirección do centro, do seu persoal e tamén da boa actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Mariña e das do Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) en todo este gromo sufrido durante este tempo”.

19 POSITIVOS NO MUNICIPIO

O rexedor engadiu que “e como valoración global de Ribadeo, segundo os datos que acaba de publicar a Consellaría de Sanidade no día de hoxe, Ribadeo aparece con 19 casos nos últimos 14 días. Debemos, por todo isto, concienciarnos a nós mesmos, e aos que nos rodean e cos que interaccionamos a diario para que cumpramos escrupulosamente todas e cada unha das recomendacións e as obrigas que as autoridades sanitarias nos indican. De todos nós dependerá que a cifra suba ou baixe nas vindeiras horas”.

RESIDENCIAS

MAIORES

2 Residencia da Pastoriza e apartamentos

2 Residencia O Incio

2 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

34 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

2 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

7 Residencia da Pastoriza

3 As Gándaras (Lugo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

2 Residencia Domusvi Viveiro

9 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...