InicioSucesosAlivio na Mariña occidental: Viveiro ten 75 casos e Xove 16, mentres...

Alivio na Mariña occidental: Viveiro ten 75 casos e Xove 16, mentres Cervo e o Vicedo baixan de dez

Aumenta a presión asistencial no Hospital da Costa, con doce pacientes con Covid-19, dous deles na unidade de críticos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.721, 46 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 41 positivos novos por PCR.

Dos 1.721 contaxiados, 98 permanecen ingresados (26 deles en coidados intensivos). O Hospital da Mariña atende doce pacientes con Covid-19 (dous deles na Uci), por 66 o HULA (24 deles na unidade de críticos) e 20 no centro hospitalario de Monforte.

No histórico da pandemia documéntanse 183 falecementos, 9.060 altas e 10.970 casos acumulados. Fixéronse 169.740 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 894 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, segue a melloría en Viveiro, con 73 positivos novos nos últimos 14 días (dous menos dos comunicados onte); tamén en Xove, con once contaxios localizados nese mesmo prazo (-5); no Vicedo, que baixa dos dez casos cando na anterior actualización contaba 20; e en Cervo, que cae igualmente por debaixo da barreira das dez infeccións (cando contaba once no reconto previo).

En Burela aumenta lixeiramente o número de contaxios detectados nas últimas dúas semanas, 24 (+1); en Foz hai estabilidade, con once casos; Ribadeo pasa dos 19 positivos documentados no reconto de onte a 17. No resto dos municipios da Mariña hai entre unha e nove persoas infectadas, sendo Barreiros o único libre de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...