O número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Mariña Lucense é de 29, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). O dato reflicte a melloría da situación epidemiolóxica na comarca, pois son 19 menos que o pasado día 2 de febreiro. Especialmente significativo é o dato das escolas, colexios e institutos de Viveiro, que contaban daquela con 25 persoas contaxiadas polas 13 comunicadas nesta xornada.
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
VIVEIRO E.I Municipal Viveiro 3 0 1
BURELA IES Perdouro 1 0 0
CERVO CEIP de Cervo 1 0 0
CERVO IES Marqués de Sargadelos 1 0 0
FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0
LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0
MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0
RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0
VIVEIRO CEIP de Celeiro 3 0 0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1 0 0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe Santa Rita 1 0 0
VIVEIRO CEP Luís Tobío 1 0 0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 4 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 2 0 0
XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 2 0 0
XOVE IES Illa de Sarón 2 0 0