IniciosociedadeA hostalería de Burela, eximida das taxas de auga e lixo durante...

A hostalería de Burela, eximida das taxas de auga e lixo durante catro meses e da de terrazas por seis

Trala reunión co sector e a Acia, o Concello estudará a adopción doutras axudas así como a organización de eventos "que traian xente á vila"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o Concello eximirá das taxas da auga e do lixo aos establecementos hostaleiros durante os meses de novembro e decembro pasados así como xaneiro e febreiro deste 2021. Ademais tampouco se pasará ao cobro a taxa das terrazas durante un período de seis meses. O goberno local estudará a adopción doutras axudas así como a organización de eventos que traian xente á vila, cando sexa posible.

OITO POSITIVOS NOS ÚLTIMOS SETE DÍAS

Así o expuxo o rexedor tras manter nas últimas horas unha xuntanza con representantes dos hostaleiros e da Acia local. “Estivemos comentando todo o relativo á situación sanitaria actual en Burela. Imos descendendo moi lentamente os casos, temos 23 ou 24 nos acumulados, aínda que a sete días temos oito nada máis, o que quere dicir que se están facendo as cousas bastante ben, pero a lentitude a veces é desesperante. Comentamos a repercusión que ten esta situación na actividade socioeconómica. É certo que é moi preocupante. Os hostaleiros están parados e xa o estiveron tamén nos meses de novembro e xullo. O comercio tamén está moi limitado polo peche perimetral e polo horario”, remarca.

“Consideramos que entre todos debe haber colaboración, axudas e entendemento para loitar dunha maneira efectiva e solidaria para acadar o máximo rendemento dentro dun equilibrio que debe existir entre a garantía sanitaria e a actividade socioeconómica”, argumentou Llano, quen dixo que “o Concello, dentro das súas limitacións e dentro do que pode facer, imos procurar estar con todos os autónomos, para tratar de minimizar un pouco as perdas pola falta de actividade. Con eles acordamos non pasar os recibos do lixo e da auga dos meses de novembro e decembro do ano pasado máis de xaneiro e febreiro deste ano á hostalería. Tampouco imos pasar as taxas das terrazas durante seis meses”, concretou.

SUBVENCIÓNS, “PENDENTES DA LIQUIDACIÓN DOS ORZAMENTOS”

Llano engadiu que “imos facer programacións culturais, deportivas e eventos para tentar traer xente a Burela. É certo que acabamos de anunciar que a Feira Expomar non se vai celebrar no mes de maio, pero trataremos de facer outras actividades que sexan motivadoras para atraer xente a Burela, para que haxa movemento e actividade diversa tanto no ámbito cultural, como deportivo e outros. Procuraremos axudar tamén á hostalería para a promoción. Máis adiante miraremos algún tipo de subvención para aplicar ao comercio e aos autónomos que o soliciten. Non marcamos ningunha cifra porque non se pode ata facer a liquidación dos orzamentos do ano pasado. Volveremos xuntarnos durante o mes de marzo e xa iremos vendo o tipo de relación que sexa favorable e axudar desde o Concello con todas as formas que poidamos ter, que a veces son limitadas”, explicou.

“Penso que onte tivemos unha conversa cordial de colaboración e iso é o que debe primar no noso concello para acadar un fin que sexa útil para todos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...