O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 1.514 casos activos de coronavirus na área sanitaria lucense; isto é, 127 menos ca na anterior actualización. Nas últimas 24 horas confirmáronse 71 positivos novos por PCR.
Dos 1.514 contaxiados, 97 permanecen ingresados (26 en coidados intensivos). O Hospital da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, un na Uci; o HULA coida de 67, 25 na unidade de críticos; o centro hospitalario de Monforte ten 20 positivos.
A cifra de vítimas mortais da pandemia na provincia ascende a 185 ao coñecerse o falecemento dun octoxenario ingresado no Hospital da Mariña. No histórico da área lucense déronse 9.384 altas e houbo 11.089 casos acumulados. Fixéronse 172.080 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.092 probas.
No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro mantense en 52 casos confirmados nos últimos 14 días, mentres que Xove baixa da decena. Burela conta 27 contaxios nese mesmo prazo (+1) e Ribadeo 15 (-1). O resto dos concellos da Mariña teñen menos de dez infeccións, sendo Riotorto o único libre de Covid-19.
RESIDENCIAS
MAIORES
1 Residencia O Incio
1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
33 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)
2 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
5 Residencia da Pastoriza
3 As Gándaras (Lugo)
6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria
1 Residencia Domusvi Viveiro
9 Residencia San Bartolomeu (Xove)
RESIDENCIAS
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
VIVEIRO E.I Municipal Viveiro 3 0 1
BURELA IES Perdouro 1 0 0
CERVO CEIP de Cervo 1 0 0
CERVO IES Marqués de Sargadelos 1 0 0
FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 1 0 0
LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0
(unha alta no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo)
O VALADOURO CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro 1 0 0
RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0
VIVEIRO CEIP de Celeiro 1 0 0
VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1 0 0
VIVEIRO CEP Luís Tobío 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 4 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 1 0 0 (unha alta)
XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 2 0 0 (unha alta)
XOVE IES Illa de Sarón 2 0 0