Viveiro non cobrará as aulas do Conservatorio mentres non sexan presenciais

O centro permanece pechado desde o 21 de xaneiro; desta decisión benefícianse, concreta o goberno local, "unhas 250 familias"

Conservatorio de Viveiro. WIKIPEDIA

O Concello de Viveiro tomou a decisión de non cobrar as mensualidades dos usuarios do Conservatorio Profesional de Música, coas aulas suspendidas desde o pasado 21 de xaneiro, ata o momento en que se reincorporen ás clases presenciais.

Desta decisión benefícianse, indica o goberno local, “unhas 250 familias. Por prevención debido á situación provocada pola Covid-19, os ensinos presenciais suspendéronse o día 21 de xaneiro, por acordo da alcaldía e a dirección do conservatorio.

Desde ese día os ensinos impártense de forma telemática. Posteriormente á decisión do Concello de Viveiro, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia decidiu pechar os conservatorios ata polo menos o 17 de febreiro.

O Concello xa procedeu á devolución dos recibos correspondentes a xaneiro e no mes de febreiro, reábranse ou non as instalacións, tampouco se procederá ao cobro.

HOSTALERÍA

Respecto aos establecementos de hostalaría que permanecen pechados, non se cobrarán os recibos de auga, saneamento e lixo durante o tempo que así permanezan; do mesmo xeito que se procedeu no 2020, en 2021 eximirase tamén aos establecementos do pago das taxas correspondentes por ocupación da vía pública coa instalación de terrazas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here