IniciosociedadeViveiro, con 30 casos, e Burela, con 11, únicos concellos da Mariña...

Viveiro, con 30 casos, e Burela, con 11, únicos concellos da Mariña que superan a decena de contaxios

O Hospital da Mariña atende nove pacientes con Covid-19, todos eles en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.171, 65 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 35 positivos novos por PCR.

Dos 1.171 contaxiados, 87 permanecen ingresados (26 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 61 pacientes Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (nove), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (38) e o centro hospitalario de Monforte (trece).

No histórico da provincia documéntanse 191 defuncións, 9.943 altas e 11.311 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 176.844 probas PCR.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, só Viveiro, con 30 contaxios confirmados nos últimos 14 días, e Burela, con once, superan a decena de positivos detectados nas últimas dúas semanas. O resto de concellos da Mariña teñen entre un e nove persoas infectadas, agás Barreiros, o único libre de Covid-19.

No caso de Viveiro, a cifra supón unha importante melloría da situación epidemiolóxica, en comparanza cos 73 casos do pasado día 9 e os 113 do pasado día 2. O Concello pide “non baixar a garda e non confiarse para poder superar pronto esta situación”.

RESIDENCIAS

MAIORES

2 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia O Incio

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

8 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

1 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

5 Residencia da Pastoriza

3 As Gándaras (Lugo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia Domusvi Viveiro

2 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...