IniciosociedadeFeijóo mantén as restricións e recupera o horario do comercio; decidirá o...

Feijóo mantén as restricións e recupera o horario do comercio; decidirá o luns sobre a hostalería

O confinamento perimetral, o peche de bares e restaurantes a e a prohibición das reunións de non conviventes manteranse alomenos ata o 22 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns nunha comparecencia ante os medios de comunicación que manterá ata o vindeiro luns o confinamento perimetral na comunidade, o peche da hostalería e a prohibición de reunirse con non convivintes, todas medidas adoptadas polo Goberno autonómico o pasado 27 de xaneiro a fin de conter o espallamento do coronavirus.

Trala reunión do comité clínico, Feijóo argumentou que as medidas anteriormente mencionadas “foron útiles” a tenor dos datos da situación epidemiolóxica en Galicia; “a incidencia a 14 días caeu un 48%, e a sete un 60%”, exemplificou. Con todo, argumentou, as cifras “non amosan unha melloría suficiente; aínda temos máis pacientes en Uci dos que tiñamos no pico da primeira onda”, indicou.

Deste xeito, avogou por “manter as restricións” con “avances graduais e medidos” para que “non sexan pasos en falso“.

SEIS ÁMBITOS DE RELAXACIÓN DAS MEDIDAS

Así, Galicia manterase no nivel máis alto de restricións, rectificando as medidas nun total de seis ámbitos.

I – No ámbito da formación: no tocante ao ensino especial (conservatorios, escolas de danzas), as aulas presenciais retomaranse o luns 22 de febreiro. O seguinte, o primeiro de marzo, será o regreso da Universidade, para que o con anterioridade farase un cribado.

II – O comercio recupera o seu horario habitual a partir do mércores, cun aforamento do 50%. Manteranse por agora pechados os centros comerciais na fin de semana.

III – Deporte. Permítese a reapertura das instalacións deportivas ao aire libre para a práctica deportiva individual, e volve a competición federada autonómica.

IV – Apertura dos restaurantes nas Vías de Altas Prestacións para que os transportistas poidan comer.

V – Ámbito cultural. Volverase permitir a actividade en bibliotecas, cinemas, auditorios e museos, ao 30% de aforamento como moito.

VI – A partir do mércores, en todas as residencias que completasen o ciclo da vacina hai dez días, as visitas pasarán a ser a tres por semana con dous familiares de diferenza. Nos centros de discapacidade, retómanse as saídas.

REXISTRO DE CLIENTES NA HOSTALERÍA

No tocante á hostalería e as reunións de non convivintes, Feijóo indiciou que a aspiración de “reabrir bares e restaurantes é lóxica”, pero insistiu en “afianzar o conseguido”. Deste xeito, expuxo que o día 22 “volverase avaliar” a situación para decidir de “segue a desescalada”, presumiblemente “por ámbitos territoriais en función dos datos”.

En concreto, anticipou algunhas medidas que se adoptarán con respecto á hostalería. En primeiro lugar, “deseñarase un sistema para transparentar os aforamentos, que calquera saiba cantas persoas poden estar”. Por outra banda, “farase un rexistro para poder cribar quen entra e localizar os clientes en caso de abrocho”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...