IniciosociedadeBaixan de nove a cinco os ingresados por Covid-19 no Hospital da...

Baixan de nove a cinco os ingresados por Covid-19 no Hospital da Mariña

Viveiro segue en melloría, con 28 positivos confirmados nos últimos 14 días, mentres que Burela mantense con once; Lourenzá e Barreiros están libres de Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.129, 42 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 34 positivos novos por PCR.

Dos 1.129 contaxiados, 76 permanecen ingresados, once menos ca na anterior actualización (26 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 50 pacientes Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (cinco, catro menos ca onte), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (31) e o centro hospitalario de Monforte (14).

No histórico da provincia documéntanse 195 defuncións, 10.017 altas e 11.347 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 177.425 PCR, 581 probas desde a anterior actualización.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro segue en melloría, con 28 positivos confirmados nos últimos 14 días (dous menos ca os comunicados no reconto de onte). En Burela non hai variacións desde a anterior actualización, con once contaxios nas últimas dúas semanas. O resto dos concellos da Mariña teñen entre un e nove casos nese mesmo prazo, agás Lourenzá e Barreiros, libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

2 Residencia da Pastoriza e apartamentos
1 Residencia O Incio
1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
1 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)
1 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

5 Residencia da Pastoriza
3 As Gándaras (Lugo)
5 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria
2 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...