IniciosociedadeAbanca comunica o peche da única oficina bancaria de Celeiro

Abanca comunica o peche da única oficina bancaria de Celeiro

O goberno de Viveiro levará ao pleno unha moción para reclamar á entidade financieira que rectifique a súa decisión

Publicada o

- Advertisement -

O grupo de goberno do Concello de Viveiro levará ao próximo pleno municipal unha moción para rexeitar o peche da oficina de Abanca en Celeiro e requerir á entidade financeira que reconsidere a súa decisión.

“Non tiñamos constancia do peche, a entidade comunicouno cando xa era efectivo e lamentamos a decisión”, asegura o grupo de goberno, que espera a unanimidade dos grupos no apoio á moción.

En Celeiro viven unhas 1.300 persoas e a de Abanca era a única oficina bancaria que quedaba aberta. “Non temos competencias pero defenderemos os intereses dos veciños e veciñas, non todo podo decidirse en función da rendabilidade e os beneficios, é un servizo importante que se perde”, engade o grupo de goberno.

O concello lembra que “non todas as persoas teñen habilidades dixitais e terán que desprazarse á oficina de Viveiro; en Celeiro quedará un caixeiro para sacar cartos ou pagar recibos, pero non é o mesmo”.

“As oficinas físicas aínda son importantes para moitas xestións, pechalas é unha perda de servizos importante, por iso demandaremos a Abanca que reconsidere a medida”, remata o grupo de goberno viveirense.

POR VIVEIRO AMOSA O APOIO Á RECOLLIDA DE SINATURAS VECIÑAL

Os independentes de Por Viveiro, en voz do seu portavoz municipal, Bernardo Fraga, manifestaron este domingo o seu apoio ás veciñas e veciños de Celeiro, afectados polo peche da única entidade bancaria presente na vila.
“Estamos do lado das veciñas e veciños de Celeiro, pedímoslle ao goberno municipal que realice todas as xestións necesarias e posibles para evitar o inminente peche da sucursal”, indicou.
“O pobo de Celeiro, leva anos perdendo servizos, e este peche causará, sobre todo as persoas de avanzada idade, ter que desprazarse para realizar calquera xestión bancaria”, declarou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...