IniciosociedadeO proxecto executivo da EDAR de Burela adxudicarase este xoves e Llano...

O proxecto executivo da EDAR de Burela adxudicarase este xoves e Llano agarda que estea lista no 2023

Segundo concreta o rexedor, a previsión de Augas de Galicia é que a finais deste 2021 ou a principios do próximo ano se licite a construción da infraestrutura

Publicada o

- Advertisement -

Mañá será adxudicado o proxecto executivo da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Burela. A empresa disporá de 8 meses para elaboralo. Así o anunciou o alcalde, Alfredo Llano, que agarda que a finais deste 2021 ou a principios do próximo ano se licite a construción dunha infraestrutura “moi necesaria” para este concello.

O rexedor contou que “hoxe tivemos unha reunión do consorcio para a xestión do abastecemento de auga de Cervo e Burela, xuntanza na que falamos de asuntos internos desta entidade, pero ademais tiven a oportunidade de conversar con responsables de Augas de Galicia sobre as obras da nova EDAR. Son dúas actuacións: unha delas é a propia EDAR, que se vai instalar na zona portuaria, que está pensada para dar servizo a cerca de 20.000 habitantes e que leva unha tecnoloxía moito máis biolóxica que química. Pero ademais hai que facer unha obra complementaria, que é a das canalizacións cuns tubos enormes, de 2 metros de sección, que hai que colocar para despois conectar co emisario”, lembrou.

A OBRA COMPLEMENTARIA “LICITARASE EN BREVE”

Llano subliñou que “esta obra complementaria que inclúe as canalizacións licitarase en breve, nos próximos días. E para a propia EDAR farase mañá a adxudicación a unha empresa do proxecto executivo e hai oito meses de prazo para elaboralo, polo que a finais de outubro estará listo. Iso significa que a finais deste ano ou a primeiros do 2022 licitarase a construción da EDAR, que é algo moi importante para Burela porque a que temos agora en funcionamento quedou obsoleta hai tempo e necesitamos urxentemente a nova. Así que todas as administracións debemos traballar co obxectivo de ter rematada a EDAR no 2023”, a fin de non perder fondos europeos reservados para a obra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...