IniciosociedadeSegue o descenso dos positivos en 14 días en Viveiro, 22, mentres...

Segue o descenso dos positivos en 14 días en Viveiro, 22, mentres Burela mantense con dez

O Hospital da Mariña atende seis pacientes con Covid-19 (un máis ca na anterior actualización), todos en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.020, 66 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 34 positivos novos por PCR.

Dos 1.020 contaxiados, 71 permanecen ingresados, sete menos (22 deles, tres menos, en coidados intensivos, todos no HULA). Os 49 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (seis, un máis), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (32, tres menos) e o centro hospitalario de Monforte (dez, dous menos).

No histórico da provincia documéntanse 196 defuncións, 10.196 altas e 11.418 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 178.945 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 733 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, Viveiro segue en melloría; conta 22 positivos novos nos últimos 14 días, cinco menos ca na anterior actualización. Burela mantense en dez casos nese mesmo período. O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove contaxios confirmados nas últimas dúas semanas, agás Lourenzá, Trabada e Barreiros, libres de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...