IniciosociedadeO Sergas anuncia para "os vindeiros días" a licitación do proxecto das...

O Sergas anuncia para “os vindeiros días” a licitación do proxecto das fases de ampliación do Hospital

En outubro Feijóo anticipara en Burela a saída a concurso da reforma, que suporá a construción dun novo edificio para mantemento e prevención de riscos e a remodelación do inmoble vello

Publicada o

- Advertisement -

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Flores Arias, compareceu hoxe, no Parlamento de Galicia, onde anunciou que a Xunta de Galicia publicará, “nos vindeiros días”, a licitación do proxecto básico e de execución, así como a dirección facultativa das Fases II e III, do Plan Funcional do Hospital Público da Mariña, nas que o Goberno galego ten previsto investir un total de 15 millóns de euros. Trátase dunha actuación comprometida polo Executivo autonómico e anunciada por Alberto Núñez Feijóo no propio centro hospitalario de Burela hai cinco meses.

A fase II inclúe a reforma do espazo da antiga diálise e o traslado a esa zona dos novos laboratorios de análises clínicas e microbioloxía; e o novo laboratorio de anatomía patolóxica. Cos espazos que van quedando dispoñibles no actual edificio, vaise completar a reforma de gabinetes de exploración e consultas externas; a creación dun novo hospital de día de procesos asistenciais; e a reforma do servizo de admisión e da unidade de neonatoloxía.

CONSTRUCIÓN DUN NOVO EDIFICIO SEN FUNCIÓNS ASISTENCIAIS

Tal e como sinalou Flores, nesta fase II contémplase, ademais, a construción dun novo edificio anexo de dous andares, con capacidade suficiente para albergar o servizo de mantemento e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, así como o salón de actos e dependencias de Docencia. Trátase dun edificio sen funcións asistenciais, destinado a traballadores sanitarios e público xeral, polo que, ademais de que se comunique co resto do hospital, teña un acceso independente dende o exterior.

Polo que atinxe á fase III do Plan director, o xerente do Sergas remarcou que contempla a ampliación e mellora do servizo de urxencias e do servizo de radiodiagnóstico, así como a reforma da área de cirurxía maior ambulatoria; a reforma para albergar pediatría no segundo andar; e a reforma da unidade de recuperación post anestésica e área de críticos.

Na súa intervención, o xerente do Sergas sinalou que “con este investimento, teremos un hospital da Mariña renovado e ampliado”. Así, o conxunto de melloras iniciadas a finais de 2016 e finalizadas en decembro do ano pasado, supuxeron “un investimento total de 12,5 millóns, ampliando o hospital 8.000 metros cadrados. Tamén destacou o xerente do Sergas que, dende o ano 2018 e ata o pasado ano, licitáronse preto de tres millóns de euros para dotar ao centro de diversa tecnoloxía e mobiliario“, concretou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...