IniciosociedadeSuspendidas este venres polo vento as actividades no exterior dos centros educativos...

Suspendidas este venres polo vento as actividades no exterior dos centros educativos da Mariña

Haberá alerta laranxa, con refachos de aire superiores aos 100 quilómetros por hora

Publicada o

- Advertisement -

A comisión escolar de alertas decidiu suspender toda a actividade no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas polo aviso de nivel laranxa por fortes ventos que afectará a Galicia este venres.

En concreto, segundo trasladaron desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, o fenómeno adverso deixará refachos de ventos superiores aos 100 quilómetros por hora e afectará a partir das 12,00 horas ao oeste e suroeste da Coruña e estenderase, a partir das 18,00 horas, a toda a provincia de Pontevedra, a Mariña Lucense e a montaña de Ourense.

A autoridade educativa comunicará a situación ás direccións dos centros escolares afectados, que serán os encargados de facer efectiva a medida e realizar un seguimento dos partes meteorolóxicos mentres dure o adverso meteorolóxico.

Doutra banda, déixase en mans das direccións a responsabilidade de decidir sobre a suspensión das actividades extraescolares no caso de que as circunstancias do seu concello evolucionen ata supor un risco superior ao declarado.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...