IniciosociedadeA Xunta atribúe ao Goberno as "demoras" na tramitación das depuradoras de...

A Xunta atribúe ao Goberno as “demoras” na tramitación das depuradoras de Foz e Burela

A Xunta sostén que leva "solicitado documentación desde 2018" para o proxecto focego, e que está á espera para avanzar na mellora da rede de saneamento e na EDAR burelá

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia emitiu este venres un comunicado no que solicita “colaboración” ao delegado do Goberno, Javier Losada, para axilizar a tramitación de proxectos autonómicos para a mellora do saneamento e depuración en Foz, Burela, Cabanas-Pontedeume ou Pontevedra.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, vén de remitirlle unha carta ao delegado do Goberno en Galicia para informalo sobre as “demoras” nos trámites da Dirección Xeral da Costa e o Mar, que “están a adiar o impulso de actuacións estratéxicas” da Xunta.

FOZ

Gutiérrez expuxo que o Goberno galego prevé “executar os colectores xerais e a nova depuradora de Foz”, para o que “leva solicitado e achegado documentación á Dirección Xeral da Costa e o Mar, desde setembro de 2018”.

Augas de Galicia solicitou a “concesión de ocupación do dominio público marítimo terrestre en 2018, o informe de compatibilidade coas estratexias mariñas en abril de 2019, e o informe no marco da tramitación ambiental ordinaria en abril de 2019. Na actualidade, a tramitación ambiental está na última fase”, sostén Gutiérrez.

BURELA

Con respecto ás actuacións previstas en Burela, a directora sinalou que Augas de Galicia “está traballando en dous proxectos, a mellora da rede de saneamento e unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR)”.

Concretou que a tramitación ambiental determinada para este caso é “a simplificada” e xa se solicitou informe a Costas, “que indica que sería máis convinte buscar outra localización para a nova EDAR ou para a condución de vertido”, afirma.

Subliñou que a Xunta “xa lle ten solicitado ao Goberno central a xestión dos terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre, co obxectivo de facilitar a tramitación dos expedientes e evitar demoras”.

PONTEDEUME

No tocante a Cabanas e Pontedeume, indicou que os proxectos “atópanse nunha situación similar á de Burela, pois o inicio está pendente da finalización dos trámites asociados á concesión para a ocupación de terreos de dominio público”.

Fixo fincapé na “preocupación” da Xunta en canto ao proxecto relativo á aglomeración de PontevedraPoioMarín, xa que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ten sentenciado contra o Goberno de España por incumprimentos da Directiva 91/271.

Lamentou que as obras para executar este emisario “estean adxudicadas desde hai meses, pero o seu inicio dependa da consecución desta concesión de ocupación de terreos por parte da Dirección Xeral da Costa e o Mar”.

Recordou que esta concesión “xa foi solicitada por Augas de Galicia en maio de 2018, respondendo dende esa data a numerosos requirimentos de documentación adicional. O último escrito desde a Xunta foi emitido o 12 de xaneiro de 2021, co que se entende que se dá resposta a todos os requisitos formulados”, finalizou Gutiérrez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...