InicioCulturaA Deputación promove un concurso de ilustración escolar con Castelao como referencia

A Deputación promove un concurso de ilustración escolar con Castelao como referencia

O certame, cuxo prazo de inscrición finaliza o 23 de abril, está dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos

Publicada o

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro convidou aos centros educativos da provincia a participar na primeira edición do Certame Escolar de Ilustración ilustrarNÓS, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.

Ferreiro detallou as bases do certame, que forma parte da programación impulsada desde a área de Cultura arredor da ilustración, co obxectivo de contribuír a fomentar a creatividade e o interese por esta arte tomando como referencia a obra de Castelao.

“O alumnado terá que realizar unha ilustración a partir das citas de Castelao que se propoñen nas bases, seleccionadas entre a súa obra literaria buscando que se adapten a cada etapa educativa. Estamos facendo chegar as bases aos centros educativos da provincia e tamén as asociacións de nais e pais, para que animen aos rapaces e rapazas a participar e coordinen o envío das obras. Cremos que esta iniciativa é un bo recurso para traballar a expresión artística e afondar no coñecemento da obra plástica Castelao”, indicou.

O prazo para participar no certame manterase aberto ata o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro. Os traballos remitiranse ao enderezo certame.ilustrarnos@gmail.com.

Un xurado composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, da edición, da ilustración e da docencia valorará as obras, tendo en conta aspectos como a relación da ilustración coa cita proposta, a creatividade na interpretación do texto ou a técnica e a composición da imaxe.

PREMIOS

As autoras e autores das mellores ilustracións de cada categoría recibirán como como premio unha tablet con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica).

OBRADOIROS, CHARLAS E INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS

O certame escolar forma parte da programación IlustraNÓS que se puxo en marcha o pasado 30 de xaneiro e que achegará aos centros educativos da provincia unha vintena de obradoiros e charlas a cargo de Polo Correo do Vento e da ilustradora Bea Lema. Tamén se concertarán intervencións artísticas nunha ducia de centros, a cargo dos muralistas e deseñadores Ana Santiso, Rubén Paz e David Fernández.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...