Galicia avanza na desescalada das medidas contra o coronavirus e comeza unha “apertura gradual e medida” das restricións segundo a situación epidemiolóxica de cada zona. A hostalaría, as reunións de non conviventes e a mobilidade quedará permitida (con limitacións) agás nos concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes. Na provincia de Lugo, tan só os municipios de Guitiriz, a Pontenova e O Corgo están privados de avanzar nesta desescalada. Así o anunciou este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia.“Xa non estamos en risco extremo. A evolución está sendo certamente boa”, subliñou, en referencia a unha incidencia de 236 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días.
Esta situación permite, pois, seguir adiante na apertura de restricións, xa iniciada a semana pasada en seis ámbitos concretos. A continuación detállanse as medidas que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.