IniciosociedadeAsí é a evolución epidemiolóxica na Mariña: dez dos 16 concellos, sen...

Así é a evolución epidemiolóxica na Mariña: dez dos 16 concellos, sen casos na última semana

Só se localizaron contaxios novos en Viveiro, Burela, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá e Ribadeo; o Hospital da Costa atende un único paciente con Covid-19, en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 456, 44 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse tres positivos novos por PCR.

Dos 456 contaxiados, 36 permanecen ingresados, sete menos (14 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 22 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (un, dous menos), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (18, cinco menos) e o centro hospitalario de Monforte (tres).

No histórico da provincia documéntanse 205 defuncións, 11.050 altas e 11.716 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 188.549 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 468 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, 10 dos 16 municipios da Mariña non teñen casos confirmados nos últimos sete días, exceptuando Viveiro, Burela, Valadouro, Mondoñedo, Ribadeo e Lourenzá, con entre un e nove contaxios nese mesmo período. resúmese na seguinte táboa:

CONCELLO INCIDENCIA ACUMULADA A 7 DÍAS/POSITIVOS NOVOS INCIDENCIA ACUMULADA A 14 DÍAS/POSITIVOS NOVOS
O VICEDO Menor ou igual a 10 positivos por cada 100.000 habitantes. Sen novos casos confirmados. Menor ou igual a 25. Sen novos casos.
VIVEIRO Entre 25 e 75. Entre un e nove contaxios localizados. Entre 50 e 150. Entre un e nove positivos.
OUROL Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Menor ou igual a 25. Sen casos novos.
XOVE Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Menor ou igual a 25. Sen casos novos.
CERVO Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Entre 150 e 250. Entre un e nove casos confirmados.
BURELA Entre 10 e 25. Entre un e nove casos confirmados. Menor ca 25. Entre un e nove contaxios localizados.
O VALADOURO Entre 25 e 75. Entre un e nove casos confirmados. Entre 50 e 150. Entre un e nove contaxios localizados.
ALFOZ Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Menor ou igual a 25. Sen casos novos.
FOZ Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Menor ou igual a 25. Entre un e nove contaxios.
MONDOÑEDO Entre 25 e 75. Entre un e nove casos diagnosticados. Entre 25 e 50. Entre un e nove contaxios.
BARREIROS Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Entre 25 e 50. Entre un e nove contaxios.
RIBADEO Entre 25 e 75. Entre un e nove casos diagnosticados. Entre 50 e 150. Entre un e nove contaxios localizados.
LOURENZÁ Entre 125 e 250. Entre un e nove casos diagnosticados. Entre 250 e 500. Entre un e nove contaxios localizados.
TRABADA Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Menor ou igual a 25. Sen casos novos.
A PONTENOVA Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Entre 250 e 500. 11 contaxios localizados.
RIOTORTO Menor ou igual a 10 positivos. Sen casos novos. Entre 50 e 150. Entre un e nove contaxios localizados.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...